Vistas de página en total

viernes, 9 de marzo de 2018

S.D. PAZOS Futbol Sala 7 - 4 SALA OURENSE

"Anfield" levouse un alegrón este pasado sábado, grazas á labor dos seus rapaces e a costa do Sala Ourense, incontestable líder da categoría.
Os de Fran, saltaron á pista enchufadísimos, e logo de dez minutos trepidantes, establecían no marcador un clarividente 3-0.
Un resultado contundente, pero que ainda puido selo mais, se non fora por tres magníficas intervencións de Rubén.
Pasado ese periodo de éxtasis, o primer erro non forzado que cometemos, xa o pagaríamos con creces. Corner innecesario, e gol Ourensá que nos recordaba a quen nos estabamos enfrontando.
De ahí endiante, reparto de golpes ata o descanso, do cal conseguiríamos sair mellor parados, en gran medida grazas a un paradón de Bizza, e ó postreiro gol de Pablo.
4-1 no electrónico que puido dar pe á relaxación local, pero nada mais lonxe da realidade.
Volveron a sair con todo os vermellos, e cinco minutos mais tarde, e tralos goles de Luis e Jose, a contenda xa quedaba definitivamente desnivelada.
Non tirarían a toalla os visitantes, que mostrando a sua condición, e aproveitando calquer pelota parada, recurtarían distancias ata o marcador final.
Merecida victoria nun gran espectáculo de fútbol sala, que se ben non altera moito a loita pola liga, a lo menos, non a pecha definitivamente.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo(2) - Alexis - Jony e Luis(3); Kuka, Marcos F., Eloy, Jose(1)(1p.p) Jonas, Vidal(1) e Breixo.
SALA OURENSE: Ruben - Allariz - David - Tizón(1) e Diego; Alejandro, Guede, Raúl Rivero (1) Guerra(1), Daniel, Martín e Álvaro.

GOLES:

  • 1-0 (min.2) Estratexia de banda, e centro-chut de Pablo que remata Luis no segundo pau.
  • 2-0 (min.5) Vidal quebra a un defensor, conduce, e marca cun disparo cruzado raso.
  • 3-0 (min.9) Xogada persoal de Jonas e posterior asistencia a Luis, que bate de primeiras a Ruben.
  • 3-1 (min.10) Estratexia de corner que finaliza Raúl Rivero.
  • 4-1 (min.19) Volea de Jonas ó pau, e o rexeite materializao Pablo.
  • 5-1 (min.21) Pablo con Jonas que dispara, e despexe do meta que caza Luis no interior da área.
  • 6-1 (min.26) Típica acción de Jose na que monta un 3x2 polo centro, e que el mesmo executa cun punteirazo raso.
  • 6-2 (min.29) Estratexia de falta nun lateral, que converte Tizón.
  • 6-3 (min.32) Estratexia de corner que finaliza Guerra cunha volea sen oposición.
  • 7-3 (min.37) Pase elevado de Jonas sobre Pablo, que marca con frialdade diante de Alejandro.
  • 7-4 (min.39) Xogade de cinco visitante con pase ó interior da área, que Jose, introduce en propia meta ó querer cortar.




No hay comentarios: