Vistas de página en total

lunes, 19 de marzo de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 1 - 5 VILALBA F.S.

Houbo de pasar unha volta completa para volver a ver unha derrota dos vermellos, o verdugo, o Vilalba F.S..
Non fixeron tan mal partido os nosos para recibir tal castigo, pero é que cando ti non telo día e o teu rival si, é factible que pasen estas cousas.
Saįron ben os de Fran ó comezo, tentado dominar, e creando algunha boa ocasión, pero sen chegar a poder concretala.
O rival, ben plantado na sua metade de cancha, agardando algún erro que non tardaría en chegar.
Estratexia de banda arriscada, perda de bola, e contra que plantaba a J. López so diante de Bizza, por sorte, a bola iríase fora. Menos fortuna teríamos na seguinte "liada".
Perda en banda, bola rexeitada, e posterior remate ante un Bizza totalmente vendido, 0-1.
Continuamos igual, sabedores de que ainda había tempo por diante, pero logo dunha ocasión que se ía a corner, o Vilalba, volvía a castigar a nosa desgrazada estratexia.
Disparo de Jonas que bate nun contrario, contragolpe, e o segundo que subía ó marcador.
Gol malo de dixerir, e que era presaxio da nefasta tarde que nos quedaba por diante.
Perdemos o ritmo, e un pouco o norte ata o descanso, mentras que o rival, pasaba polos seus mellores momentos, facéndose dono do balón, e non expóndose absolutamente nada.
Viu ben o intervalo, para aclarar ideas, recobrar moral, e convencerse de que como tantas outras veces ainda se podía.
Saiu como un ciclón o equipo, e en cinco minutos, xa contabilizaba, tres paus, un gol, e varios rexeites sobre a liña, pero no primer descuido, gol á contra dos visitantes.
Este si que fixo realmente dano, por inmerecido, e porque nos facía remar contra corrente por enésima vez.
Outra perda similar minutos despois, nunha clara falta non pitada sobre Jonas, dáballe o suficiente credito ó rival para poder aguantar, e levarse os tres puntos do municipal.
Nos derradeiros cinco minutos, Fran, apostaría polo porteiro-xogador, e tras dúas claras opcións, presenciaríamos atónitos o estupor final.
Luis era expulsado por un rigurosísimo e nin reclamado dobre cartón, a el, seguiríanlle despois, Fran, por protestar, e Alexis, por semella que, un intento de agresión.
Na superioridade 4x2 chegaría a puntilla, e que puña fin seguramente tamén, a calquer remota posibilidade de revalidar o título ligueiro.
Uns intres mais tarde, Eloy, correría a mesma sorte que Alexis, e Adri, idéntica á de Fran.
Incredulidade e a palabra ante tal "rigor" arbitral. Nin tanganas, nin nada grave que se lle pareza, e en segundos, por pouco quedamos sen efectivos para continuar "competindo".
Pedir PERDÓN pola imaxe dada, porque non é prato de bo gusto rematar un encontro con tres xogadores , pero tamén reclamar RESPETO, ante o a todas luces, desmedido abuso de poder arbitral.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jose - Pablo(1) - Alexis e Luis; Kuka, Eloy, Jonas, Jony, Vidal, Aarón e Guille.
VILALBA F.S.: Santiago - J. López(1) - R. Mouriz - Asier(2) e Francisco(2); Areñas, Martín, Paulo, Roberto e Nuno.

GOLES:

  • 0-1 (min.11) Bola rexeitada que cae ós pes de J. López que cruza diante de Bizza.
  • 0-2 (min.12) Contragolpe de Francisco que se vai en velocidade e anota cun chut cruzado.
  • 1-2 (min.24) Pablo intercepta un pase en primeira liña, e marca cun punteirazo raso.
  • 1-3 (min.25) Francisco rouballa a Eloy, vaise, e define no man a man con Kuka.
  • 1-4 (min.31) Contrataque que remata cun tiro á cruceta, e o rexeite materializao Asier.
  • 1-5 (min.36) Asier empurra a rede nunha superiridade 4x2.





No hay comentarios: