Vistas de página en total

martes, 27 de febrero de 2018

CAMPITO F.S. 3 - 7 S.D.PAZOS Fútbol Sala

Como crónica deste encontro, ben nos podería valer a do enfrontamento da primeira volta disputado en Pazos, xa que ambos foron moi similares.
Igual que aquela vez, fomos mellores ó comezo, conseguimos coller ventaxa, e á vez que eles ían subindo a intensidade, nos iríamola perdendo.
Nos intres finais incluso rematamos por vernos superados, o que lle permitiría ós locais reducir distancias no marcador.
O 1-2 ó descanso, era fiel reflexo do acontecido nese periodo.
Semellaba evidente que eles tiñan unha marcha mais, e non quedaba outra que a lo menos poñerse a sua altura.
Perfectos os minutos iniciais do segundo tempo.
O plantexamento de posesión claro, ben na estratexia, efectividade, e o choque que quedaba decidido.
Co rival tocado, os minutos restantes adicámolos a controlar os acontecementos, e case xa non pasamos apuros nin contra o porteiro-xogador.
Gran noticia ver rematar o partido cos xuvenis Aarón e Guille sobre o parquet.

CAMPITO F.S.: Yago - Alejandro(1) - Nelson - Cristian(1) e Daniel(1); Yerai, Xaime, Aarón, Alfredo e Miguel.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Eloy - Pablo(1) - Jony(4) e Luis(1); Kuka, Jose, Jonas, Alexis(1), Aaron, Vidal e Guille.

GOLES:

  • 0-1 (min.2) Jony recibe de Eloy na lateral, recurta ó seu par, e bate ó porteiro cun punteirazo por entre as pernas.
  • 0-2 (min.10) Centro-chut de Jony que sorprende ó porteiro polo primeiro pau.
  • 1-2 (min.13) Perda de Pablo ó tentar dar un pase, e Daniel que fusila a Bizza.
  • 1-3 (min.21) Paralela de manual entre Luis e Jony, e o dous que finaliza con outra uña.
  • 1-4 (min.22) Estratexia de corner que converte Pablo no interior da área pequena.
  • 1-5 (min.26) Medido pase longo de Kuka sobre Jony, que contrala, e finaliza co exterior ó pau longo. 
  • 2-5 (min.27) Varios rexeites dentro da área, e o último deles aproveitao Alejandro.
  • 2-6 (min.28) Cotragolpe, Eloy vaise por banda, e asiste a Luis, que remacha no segundo pau.
  • 2-7 (min.37) Estratexia de corner, pase de Jonas, e misil exterior de Alexis. Golazo.  
  • 3-7 (min.38) Elaboración de cinco que materializa Cristian a pesar dos esforzos de Kuka por evitalo.



No hay comentarios: