Vistas de página en total

miércoles, 17 de enero de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 4 5 CORUÑA F.S.

A S.D. Pazos continua a sua escalada hacia os postos altos da taboa clasificatoria logo da victoria deste sábado pasado diante do 5 Coruña F.S..
Un triunfo, que como os dous anteriores, se cimentou nas palabras traballo, compromiso e convicción.
Os de Fran, sabedores de que non se podían escapar estes puntos, sairon dende o comezo a polo partido.
Embotellamos ó rival na sua área, pero un Oscar infranqueable, que demostrou por que está considerado un dos mellores arqueiros da categoría, evitou que lográsemos poñernos por diante.
Tivémolas de tódalas cores, e non concedemos nada, ou case nada, por que de tres e media que nos crearon, meteriannos dous goles.
Jony, antes do descanso, conseguiría por fin, derrubar o muro coruñés, reducindo distancias no marcador, e dando moral de cara ó segundo acto.
Neste periodo a "lóxica" imporíase, e o maior caudal ofensivo, remataría por dar o seu rédito.
Multitude de ocasións, e os goles que irían caendo pouco a pouco.
Unha pena os minutos finais, nos que co partido resolto, volvemos  a regalar dous goles dos "nosos" que tristemente xa comezan a ser tónica habitual.
Os partidos duran corenta minutos, non deberíamos esquecelo.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo(1) - Jonas(2) - Alexis(1) e Luis(2); Kuka, Eloy, Jose, Jony(1),Vidal, Breixo e Quique.
5 CORUÑA F.S.: Oscar - Daniel S.(2) - Adrián - Diego e Daniel C.; Alfonso, Daniel D., Rodrigo, Guillermo e David(2).

GOLES:

  • 0-1 (min.8) Falta directa dende a lateral que transforma David cun potente punteirazo.
  • 0-2 (min.11) Mal pase que rouba Daniel S. en media mista, e chut por alto que sorprende a un adiantado Bizza.
  • 1-2 (min.13) Gran pase filtrado de Pablo ó desmarque de Jony, que bate no man a man a Oscar por entre as pernas.
  • 2-2 (min.24) Contragolpe, Jony cara Luis, que asiste ó segundo pau donde Pablo define tras controlar.
  • 3-2 (min.30) Pase cara Breixo, que a pon no segundo pau, non atalla o porteiro, e Jonas, libre de marca, empurra á rede.
  • 4-2 (min.33) Galopada de Jony por banda, pase ó segundo pau, e Luis que remacha vindo dende atrás.
  • 5-2 (min.34) Jonas convirte impecable dende o dobre-penalti.
  • 6-2 (min.35) Estratexia de corner, disparo de Pablo, e Luis marca de primeiras no interior da área.
  • 6-3 (min.37) Alexis perde ó tentar irse por banda, bola ós pes de Daniel S., que a pon na escadra.
  • 6-4 (min.38) Mal saque de porta de Bizza que lla da a David, que marca cun tiro raso.
  • 7-4 (min.39) Corner ó interior da area de Jonas que aprobeita Alexis.




No hay comentarios: