Vistas de página en total

miércoles, 20 de diciembre de 2017

SANTA ISABEL F.S. 4 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Valiosísima victoria da S.D. Pazos nunha cancha, que como se preveía, non será sinxela para ninguén.
Non son casualidade os bos resultados do conxunto local, porque nun partido no que sempre foi a remolque, en ningún momento se deu por vencido.
Foi un choque aberto, con ocasións a esgalla para ambos, e no que só a falta de precisión nos últimos metros, xunto coa actuación dos metas, nos privou dun resultado maior.
O abundante público, tamén puido disfrutar de auténticos golazos. Dos cinco nosos, dous de Luis dos del, de "killer", un de Pablo moi bo en acción persoal, un de Jonas ainda mellor, e o de Alexis, sinxelamente ESTRATOSFÉRICO, xa o merecía o dorsal once.
Dos catro locais, descartando a xogada desafortunada entre Jose e Kuka, os outros tres, a cada cal mellor.
Os vermellos mantiveron a liña trazada en Santiago, concentración, esforzo colectivo, e ambición.
Aproveitamos mellor as que tivemos, que no primeiro tempo foron moitas, pero tamén como en Santiago, non fomos quen de dar a puntilla.
Con Kuka mantendo a ventaxa para facelo, non fomos capaces, e regalamos dous balóns, para que o rival se fora ó descanso cun empate co que xa non contaba.
No segundo periodo, a clave estaría outra vez na efectividade, ainda mais se cabe, por que opcións habería a moreas.
Adiantámonos de novo coa "burrada" de Alexis, pero servimos outra vez a igualada en bandexa. ¿Como dous, dos tres goles recibidos, poden chegar de corners ó noso favor?, aspecto este, claramente a mellorar.
No toma e daca posterior, seríamos mais contundentes, e á vez, teríamos a sorte necesaria. De non ser polo autogol de Jose e Kuka, incluso puidemos acabar sen tanto sufrimento, pero iso, non vai con nós.
Chega o parón navideño ata o 20 de xaneiro, tempo no que agardamos recuperar efectivos, tanto lesionados como tocados, e no que traballaremos para poder dar guerra na segunda parte do campeonato.

SANTA ISABEL F.S.: Adrián L. - Alejandro(1) - Diego(1) - David e Javi Río(1); Adrián C., Fabián, Mouriz, Francisco, Rubén e Jairo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jose(1p.p.) - Pablo(1) - Jony e Luis(2); Bizza, Jonas(1), Alexis(1), Vidal e Breixo.

GOLES:

  • 0-1 (min.3) Pablo vaisqe do seu par en velocidade pola banda, e saca un latigazo que se cola entre as pernas do porteiro. 
  • 0-2 (min.5) Estratexia de corner, potente chut exterior de Alexis, e rexeite do porteiro que caza Luis. 
  • 1-2 (min.15) Perda dun balón arriscado en medio campo, que aproveita Javi Río para irse, e definir á perfección no man a man con Kuka.
  • 2-2 (min.19) Mala execución dunha estratexia de corner, contragolpe, e finalización de Diego picando a bola ante a saida de Kuka. Golazo.
  • 2-3 (min.22) Estratexia de corner, e voleón exterior espectacular de Alexis. GOLAZO¡¡¡.
  • 3-3 (min.25) Nova perda nun saque de corner favorable, contra, e Alejandro que a pon en toda a escadra.
  • 3-4 (min.31) Jonas rompe cun amago ó seu defensor, e saca unha uña imparable.
  • 3-5 (min.33) Luis intercepta un pase en area rival, marcando por alto coa punteira.
  • 4-5 (min.39) Jose cede cara atrás a Kuka, que erra no control, e ve como a bola entra paseniño na sua portería.

No hay comentarios: