Vistas de página en total

miércoles, 8 de noviembre de 2017

VILALBA F.S. 4 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Terceira derrota en oito partidos para os nosos rapaces, e que ven a confirmar as malas sensacións que xa se traían da xornada anterior.
O equipo non está a atravesar un bo momento, como reflexan o seu xogo e os últimos resultados, e en Vilalba volveu a dar mostras delo.
Advertíramos no previo que os locais viñan en liña ascendente, e que co apoio da sua hinchada, porían as cousas moi difíciles, a tenor dos acontecementos, non íamos moi desencamiñados.
Mención aparte merece o tema da afición. IMPRESIONANTE o ambientazo que se viviu nas bancadas, donde os siareiros non pararon de arroupar e dar folgos ós seus durante os corenta minutos, mellor dito, cincuenta, cos prolegómenos e o do final.
Co respeto mostrado en todo momento cara ós nosos, demostraron ser un exemplo e todo un privilexo.
No que ó encontro se refire, o que mellor o resume, volve a ser por enésima vez aquilo de, igualado, pero asumindo que si alguén mereceu algo mais seguramente foron os da casa.
Fran comezaba a tarde tendo que lidiar con problemas extra, ó caerse Bizza da convocatoria, substituido a última hora por Martín, e cando apenas transcorrían uns minutos de partido, perdía tamén a Pablo.
A baixa do zagueiro, cun esguince nun nocello, mermaba a parcela defensiva, onde quedaría só como home específico Eloy, maltreito físicamente.
Un cauteloso primer tempo, con tres ocasións claras para eles, solventadas con éxito por Kuka, e outras duas, mailo gol, para nós, deixaría paso a un segundo moito mais aberto.
O empuxe dos locais conseguiría darlle o empate, para de súpeto, verse en ventaxa tralo desafortunado autogol visitante.
Co 2-1 reactivarianse os vermellos, incapaces de imporse ata ese momento, e a igualada non tardaria en chegar.
Cando todo facía presaxiar as taboas, un erro en ataque, desembocaría nunha contra fatal para 3-2, coa cal  o encontro se daba prácticamente por finiquitado.
Non obteríamos rédito co xogo de cinco, e eles aínda aumentarían a renta cun dubidoso dobre-penalti.

VILALBA F.S.: Areñas, Jose López, Asier, Fran Pastor e Nuno; Prieto, Diego, Martín, Freire, Paulo(1), Rodrigo(2) e Antón.
S.D. PAZOS Futbol Sala: Kuka - Jose(1) - Jony - Breixo e Luis(1); Martín, Eloy (1 p.p.), Pablo, Jonas, Alexis, Vidal e Guille.

GOLES:

  • 1-0 (min.18) Luis vaise en carreira, sortea a un rival, e marca cunha uña rasa axustada ó pau.
  • 1-1 (min.27) Perfecta acción de pivot de Rodrigo ante Vidal, e mellor zapatazo á escadra de Kuka.
  • 2-1 (min.29) Corner ó interior da area que Eloy introduce en propia meta ó intentar cortar.
  • 2-2 (min.35) Jose colle unha bola que queda morta na área pequena e fundea na rede.
  • 3-2 (min.37) Perda dun balón en ataque, e contragolpe que finaliza Paulo no segundo pau.
  • 4-2 (min.39) Inapelable dobre-penalti que transforma Rodrigo por toda a escadra. Golazo.

No hay comentarios: