Vistas de página en total

miércoles, 22 de noviembre de 2017

T. ABC I.E.S. CORUXO F.S. 4 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos saldou cun empate a catro a sua visita a Coruxo. Un partido no que primeiro e segundo tempo, nada terían que ver.
De entrada caemos en erros do pasado, facendo que o plantexamento local, de roubar e contragolpear, resultase perfecto.
Sabiamos do seu poderío nesa faceta, e en lugar de tentar contrarrestalo, servímoslle a nosa cabeza en bandexa.
Eles renunciaron sen pudor a posesión de balón, da cal nos gozamos, pero dun xeito estéril, e sen crear absolutamente ningún perigo.
Tres perdas en campo contrario, mandaríannos á caseta cun sonraxente, 3-0, e cunha sensación de impotencia preocupante.
Un sopor de primer periodo pola nosa parte, de onde non podemos rescatar prácticamente nada positivo, ou si. Si, por que igual serviu para facerlle entender ó equipo, que se non estás centrado é moi doado que che pinten a cara.
Que distinta a imaxe do segundo tempo, na que os vermellos respostarían a todo.
Ó adverso do marcador, ós colexiados, á inferioridades numéricas, ata duas sufrimos sen danos, ó mazazo que suporía o 4-2...en definitiva, outro Pazos.
Con outro brio, pronto marcaríamos o 3-1, e logo de repornos a duas expulsións, lograríamos o 3-2 nunha bonita acción.
Todo semellaba a favor, dispoñendo de ocasións e sen concedelas, pero nun dos poucos despistes defensivos recibiríamos o 4-2.
Non se rendirían os nosos, e xa co porteiro xogador sobre o parquet, no derradeiro suspiro, chegaba a igualada ó marcador.
Posiblemente xusto o reparto de puntos, pero que deixa insatisfeitos a ambos. A eles, pola ventaxa que tiñan, e a nós, por desperdiciar vinte minutos.

T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.: Fiou - Samuel A.(1) - Bruno(1) - Samuel F. e Gabriel(1); Josué, Alejandro, Fabián, Pablo(1), Oliver, Jorge e Martín.
S.D. PAZOS Fútbol Sala. Bizza - Jonas - Jony - Vidal e Luis(3); Martín, Marcos F., Pablo, Jose, Aarón, Alexis e Breixo(1).

GOLES:
  • 1-0 (min.4) Balón largo que recolle Gabriel e bate a Bizza na sua saida.
  • 2-0 (min.6) Bruno vaise de dous rivais e anota cun chut lonxano cruzado que sorprende a Bizza.
  • 3-0 (min.14) Acción pura de pivot de Pablo, que marca a rentes do pau.
  • 3-1 (min21) Estratexia de banda, e volea exterior de Jony que transforma en gol Luis co calcaño no interior da área.
  • 3-2 (min.28) Medida asistencia de Jose por alto cara Luis, que ante Fiou, define cunha impecable vaselina.
  • 4-2 (min.33) Paralela que gaña Samuel F., e pase da morte que remacha Samuel A..
  • 4-3 (min.35) Xogada ben trenzada co porteiro-xogador que materializa Breixo no segundo pau.
  • 4-4 (min.39) Nova xogada de cinco, con asistencia cara atrás de Jonas, que Luis funde na rede.

No hay comentarios: