Vistas de página en total

martes, 14 de noviembre de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 4 A ESTRADA FUTSAL

Victoria de coraxe e fe da S.D. Pazos diante dun equipazo como volveu a demostrar ser a A Estrada Futsal.
O choque resultou moi vistoso para o espectador, tanto pola tensión, como pola emoción dun resultado incerto, que non se decidiu ata os intres finais.
A primeira metade, como todo o encontro, estivo equilibrada, ainda que con dous estilos antagónicos.
Nos tratando de imprimir velocidade e presioando en campo contrario, e eles, mais moderados, e tentando facer dano ás nosas costas co seu xogo de pivot.
A cada gol noso, resposta visitante case inmediata, o que non daba lugar a un instante de relaxación.
As ocasións sucedíanse, e despois de que Kuka, con duas intervencións estratosféricas, mantivese o empate no electrónico, unha xogada rápida nos prolegómenos deste periodo, permitiríanos ir con ventaxa ó descanso.
Á volta dos vestiarios, mais e mellor. Un minuto servía de resumo ó que estaba acontecendo. Empate deles, réplica vermella, e de continuo, outra vez táboas no marcador.
Multitude de oportunidades, pero non habería mais goles, e así chegabamos ós minutos finais.
4-4  no marcador, as espadas en todo o alto, e o partido que podia caer para calquer lado.
Esta vez, a fortuna, ou a maior necesidade, faría que caera do noso.
Xogada persoal de Luis, e 5-4 que dinamitaba o resultado.
A posterior defensa ante o seu elaborado xogo de 5x4, daría pé, á contra para o definitivo 6-4.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jonas(1) - Jony(2) - Vidal e Luis(2); Martín, Marcos F.(1), Pablo, Jose, Alexis, Aarón e Breixo.
A  ESTRADA FUTSAL: Sergio - Gianzo - Martín Varela - Kinso e Moro; Cesar, Tojo(1), Ulla, Edu(1), Botel, Julio(2) e Simón.

GOLES:

  • 1-0 (min.7) Paralela de Pablo con Marcos F., e sublime definición do veterán xogador redondelán picándoa ante a saída do porteiro.
  • 1-1 (min.11) Veloz transición que finaliza Julio.
  • 2-1 (min.15) Marcos F. combina con Luis no pivot, este deixa pisada para a sobreposición do oito, pase cara atrás, e Luis trasforma coa zurda de primeiras.
  • 2-2 (min.16) Bola perdida ó borde da área que acaba nos pés de Tojo, quen anota con suspense a pesar dos intentos de Kuka.
  • 3-2 (min.17) Luis recurta ó seu par e pona no segundo pau donde remacha Jonas vindo dende atrás.
  • 3-3 (min.22) Xogada visitante con asistencia de Simón ó interior da área que materializa Julio. 
  • 4-3 (min.23) Tremendo punteirazo exterior de Jony que deixa sen resposta a Sergio. 
  • 4-4 (min.23) Edu rouballa en media pista a Jonas, e man a man que resolve con serenidade diante de Kuka.
  • 5-4 (min.38) Xogada individual de Luis que se vai en velocidade por banda, e bate a Sergio polo pau longo na sua saída.
  • 6-4 (min.39) Roubo de Jonas en medio campo ante o 5x4 estradense, balón cara Luis, que se marcha, e asiste a Jony no segundo, quen a pon na escadra.

No hay comentarios: