Vistas de página en total

miércoles, 1 de noviembre de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 1 C.P. CASÁS

Frouxo partido o realizado polos vermellos na tarde do domingo en Pazos.
Un encontro que gañamos finalmente con claridade, pero no que estivemos lonxe da nosa mellor versión.
O equipo atopouse cun rival serio, disciplinado, e de ritmo moi lento, o cal acomodou ós nosos ata contaxialos case por completo.
Pouco reseñable nun primer tempo soporífero, con continuas perdas de balón, e no que o mais destacado foron, un pau de Alexis, unha uña de Luis ó longueiro, algún chut de Vidal, e o gol de Jose.
Polos lucenses, tres ocasións claras que salvou un atento Kuka.
No segundo tempo melloramos algo, polo menos en ambición, e pouco a pouco irían caendo goles, pero sen chegar a convencer a ninguén co xogo desplegado.
O mellor o resultado, con tres puntos mais que nos permiten seguir na loita cos de arriba, nunha liga que está a ser competidísima.
O peor, as molestias na espalda de Eloy, xogador clave na parcela defensiva, e que non lle permitiron nin iniciar o quecemento, e as de Alexis, que se resentiu do xeonllo no transcurso do partido. Agardemos se den recuperado ante o durísimo calendario que nos ven enriba este mes.
Recordemos que Borja seguirá lonxe dos terreos por un tempo, e que Bizza e Marcos F. son agora mesmo unha incógnita.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Jonas(2) - Alexis e Jony(1); Martín, Jose(1), Aaron, Vidal, Breixo e Luis(1).
C.P. CASÁS: Pablo F. - Jacobo - Alvaro - Julio e Ignacio; Sergio, Francisco, Adrián(1), David e Pablo S..

GOLES:

  • 1-0 (min.13) Xogada de 3x2 que leva Jose, e el mesmo finiquita cun punteirazo a media altura.
  • 2-0 (min.21) Estratexia de banda que resolve Luis desbordando ó seu par, e finalizando cun disparo raso.
  • 3-0 (min.30) Bola que queda ós pes de Jonas na área pequena, e picadiña sutil ante a saida do porteiro.
  • 4-0 (min.32) Rápido saque de banda de Luis ó desmarque de Jony, que a rompe dende lonxe.
  • 4-1 (min.34) Boa circulación de 5x4 que finaliza Adrián no segundo pau.
  • 5-0 (min.36) Gran gol de Jonas dende medio campo ante o porteiro-xogador rival.


No hay comentarios: