Bueu, será o escenario deste primer encontro ligueiro, onde nos enfrontaremos a un rival que tradicionalmente nos pon as cousas moi complicadas.
Con Javi Santos un ano mais ó mando da sua nave, e cun plantel que aparentemente non sufriu moitos cambios con respeto ó ano pasado, serán sen dúbida un equipo a ter moi en conta.
Os vermellos pola sua banda, afrontan esta etapa con moita ilusión, e con gañas de plantar batalla unha vez mais. Renovado plantel, pilas cargadas, e co mesmo obxetivo de sempre, facer as cousas do mellor xeito posible.
Será un encontro especial para dous dos recén chegados, Alexis e Pablo, que regresan ó que foi o seu fogar estas últimas tempadas.
Fran poderá dispor de case todo o plantel, quedándose fora da convocatoria Diego, por traballo, e Jony, quen arrastra molestias nun xeonllo que non lle permitiron adestrar en toda a semana.
A.D.F.S. BUEU - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 17-09-17 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal Pablo Herbello
CONVOCATORIA:
- Bizza
- Kuka
- Marcos F.
- Eloy
- Pablo
- Jose
- Jonas
- Alexis
- Breixo
- Vidal
- Luis
- Borja
- Diego (motivos laborais)
- Jony (lesión)
No hay comentarios:
Publicar un comentario