Vistas de página en total

miércoles, 30 de agosto de 2017

XXVII COPA GALICIA FÚTBOL SALA

A S.D. Pazos quedou apeada do novo formato de Copa Galicia a mans do Pizarras Los Tres Cuñados de 2ª división B.
Un encontro moi parello, no cal o resultado final, non reflexa para nada o acontecido na pista do municipal de Pazos de Borbén.
Sairon moi fortes os nosos, cunha presión que incomodaba ó rival, e o facía votar man unha e outra vez, das suas boas individualidades.
Logo do tanteo inicial, un erro nun pase iniciando xogada, desembocaba no gol de Dilín, que puña por diante ós visitantes no man a man con Kuka.
Minutos despois sería Jony, cun gran disparo en estratexia de banda, o que devolvía a igualdade ó marcador.
Sucedíanse as ocasións​ en ambos lados, e cando parecía que chegaríamos co 1-1 ó descanso, o "infortunio" cebábase cos vermellos.
A falta de tres segundos para o final, un balón que batía no pau, era finalmente introducido en propia porta por Luis, que de xeito incomprensible, metíaa na rede no seu afán por despexar.
Do que debeu ser un mais que xusto empate, pasamos a ter que sair dos vestuarios a tumba aberta, e ahí foi donde vivimos os mellores momentos dos de Fran.
Magníficos ó noso xuizo, os dez minutos iniciais deste periodo, onde superamos a un sempre perigoso rival, merecendo mais premio do obtido.
Nunha superioridade 4x3, acadaríamos o ansiado 2-2, e co alivio que supuxo, baixamos o pistón.
Relaxámonos un chisco deixándoos facer, e ante un contrario desta entidade, iso págase con creces.
2-3 case de seguido, novo erro, 2-4, un dobre-penalti, 2-5, e adeus á eliminatoria.
A diferencia de acerto marcou o choque, e o mal executado xogo de cinco polo bando local nos intres finais, rematou por desembocar no abultado 2-8.
Noraboa e sorte ó Pizarras Los Tres Cuñados, que continua adiante neste torneo.
En canto ós nosos, bo sabor de boca xeral polo traballo realizado, a pesar dun resultado a todas luces es
axerado.
Destacar o debut das novas incorporacións, Kuka, Alexis, Vidal e Pablo, quenes renderon a bo nivel, especialmente este último, amosando unha competitividade que gusta moito por estes lares.


No hay comentarios: