Vistas de página en total

martes, 6 de junio de 2017

FIN DE TEMPADA

Unha vez rematadas tódalas competicións nas que nos vimos inmersos, é momento de facer balance e por nota a tempada 2016/17.
Dende o noso humilde punto de vista, poderíamos calificar a campaña cun NOTABLE.
O equipo estivo á altura nos dous torneos de Copa (Xunta e 3ª Div.) obtivo o título ligueiro e só patinou no play-off de ascenso. Comecemos polo principio.
A primeira competición á que nos enfrontamos, foi a fase de grupos da XXVI Copa Xunta de Galicia. No primeiro partido, visitamos a cancha do Leis Pontevedra F.S., onde arrincamos un valiosísimo empate a dous,  que nos permitía depender de nós mesmos para clasificarnos á seguinte rolda.
No segundo e definitivo, en Pazos, enfrontámonos ó campeón da autonómica sur, o Campito F.S.. Necesitabamos vencer por unha diferencia de seis goles, pero finalmente só lograríamos facelo por cinco. O 6-1 deixávanos fora, pero coa satisfacción de haber tido opcións ata o último segundo.
A segunda, e para o club a mais importante, foi a liga.
No campeonato da regularidade, o equipo, mentalizouse e votou o resto para lograr repetir o éxito do ano anterior, conseguiríao na derradeira xornada.
Reñidísima liga, na que se mantivo unha dura pugna tanto co Sala Ourense, coma coa A Estrada Futsal, terceiro e segundo clasificados ó final.
A destacar, as victorias nas difíciles pistas de Ribeira,  A Estrada, e Bueu, onde os vermellos ofreceron o seu mellor nivel.
Como lunares, o varapau sufrido en Vigo contra o A.B.C., e a derrota na casa contra o Bueu, nos probablemente dous peores partidos do ano.
A liga, coronounos como campeóns cuns números salientables, repartidos en vintecatro xornadas.
59 puntos, 19 victorias, 2 empates, e 3 derrotas, con 127 goles a favor (2º max. goleador) e 72 en contra (min. goleado).
A nosa portería con Esteban principalmente, Bizza, e Dani, conseguía por fin, ser a menos goleada, logo de rondalo en varias ocasións, mentras que no apartado realizador, Luis, quedaba na segunda posición da taboa con 31 goles.
Na III Copa de 3ª división, o equipo tamén ofreceu un bo nivel, ainda que non puido revalidar o trofeo.
Comezamos en xaneiro, coa desputa dos oitavos de final en Carballiño, ante o conxunto local, onde un gol de Lito no derradeiro minuto (3-4), nos metía en cuartos de final.
Nos cuartos, tal vez o peor rival posible, por dificultade, e por xogarse no seu inexpugnable feudo. Partido traballadísimo por parte de todos, e adiante a semifinais.
Na fase final disputada en Melide, enfrontámonos ó outro "coco" da terceira, o Sala Ourense. Logo dun apaixoante encontro que remataba con taboas no marcador (1-1). Os lanzamentos de penalti enviábannos a Pazos de valeiro.
Por último o "fracaso" do ano, o play off de ascenso.
O Sorteo deparábanos un ilusionante viaxe a Madrid, onde teríamos como rival a un ex-primeira, o CDE Ciudad de Móstoles F.S..
No encontro de ida, deixamos fuxir nos minutos finais a posibilidade de traer para Pazos un resultado mais esperanzador (5-3). No encontro de volta, eles simplemente foron mellores, 5-6.
Así resúmese a groso modo o que foi esta campaña, sobre a próxima, en plena planificación, iremos informando según se vaian confirmando cousas.
A primeira intención, era tentar manter a totalidade do plantel, pero semella que en varios casos non será posible, e tras dous anos expectaculares, a veteranía do plantel, tamén invita a un cambio de ciclo.
Recordar que "o Pazos", salvo raras excepcións, sempre se carecterizou por ser un club de presente, e mentres as nosas bases, que hoxe gozan de boa saude, non den os seus froitos, tocará seguir nesa liña.
AGRADECER a TODA a xente que fai posible que este club continue dando guerra, en especial ó CONCELLO, PATROCINADORES e SOCIOS, e como non ó resto de AFICIOADO/AS VERMELLOS.
O logro deste ano, e ver mais vivo que nunca o noso deporte, o FÚTBOL
SALA. Para o próximo, mais, e ogalla mellor¡¡¡.




No hay comentarios: