Vistas de página en total

jueves, 18 de mayo de 2017

CDE CIUDAD DE MÓSTOLES FÚTBOL SALA 5 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Repetiuse outra vez a historia. Como a tempada anterior, os nosos, terán que remontar dous goles se queren ser equipo de 2ª división B.
Nada tivo que ver este encontro con aquel de Burgos, pois nesta ocasión, o choque estivo mais aberto, puidendo caer para calquer lado.
Enfrente atopámonos a un equipo xoven, cos conceptos claros, descarado, e que tenta sempre impor un ritmo alto.
O seu xeito de xogar, e o mal que entramos nós ó partido, fixo que pasásemos un primer tempo complicado.
Conseguimos adiantarnos nunha acción aillada, e das poucas salientables, entre Borja e Jony, pero concedemos dous goles posiblemente evitables. O primeiro, ó complicarnos a vida nunha saida de presión, e o segundo, por tentar roubar en lugar de aguantar en defensa.
Con ese marcador chegouse ó descanso, e polo visto sobre o parquet, incluso poderíamos decir que de forma xusta.
O segundo tempo foi outra cousa. Os vermellos soltáronse, subiron liñas, e volveron a ser ese equipo que é capaz de crear perigo ainda sen estar pletórico.
Merecemos a igualada, e Lito, só no segundo pau, rondábaa enviando un balón franco ó poste tras boa xogada colectiva.
Tampouco definiríamos nas accións seguintes, con dous novos tiros ó pau obra de Eloy e Jonas.
A renglón seguido, os locais, nunha transición, porían terra de por medio, ó tentar cortar Borja un pase, introducindo a bola en propia portería.
O equipo non se afundiría, e continuaría a remar para poñer a eliminatoria mais favorable.
Faríao primeiro grazas a teima de Jony na presión, e mais tarde, nunha xogada de picardía que convertía Jonas.
Co 3-3, e a touro pasado, tal vez debemos ser moito mais cautos. Quixemos mais e conseguimos xustamente o contrario, pero esa é seguramente a ambición que nos trouxo ata aquí.
O choque era un toma e daca, e a excasos minutos para o final, un corner mal defendido dáballe ventaxa ós de Mostoles.
Non quedaría ahí o dano, xa que nos intres finais, perdíamos un bola en ataque, coa conseguinte contra, e gol un tanto rocambolesco.
Duro castigo, sobre todo, logo do pelexado nun segundo tempo aceptable.
Tocará de novo tentar a remontada, a ver se esta vez con mais fortuna ca anterior.
Para gañarlle a estes rapaces, haberá que facer as cousas moi ben.
O MELLOR: O segundo tempo, no que demostramos que podemos pelexar a eliminatoria.
O PEOR: As dúbidas coas que saltamos á pista, con malas decisións, e caendo na precipitación.

CDE CIUDAD DE MÓSTOLES FÚTBOL SALA: Josemi - Antonio - Miguel(1) - Jorge e Raúl; Jesús, Carlos M.(1), Carlos L., Marcos, Sergio, Javier e Andrés(2).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F. - Eloy - Lito e Luis; Esteban, José, Jonas(1), Jony(2), Breixo e Borja.

GOLES:

  • 0-1 (min.7) Paralela de Borja con Jony, que se desfai dun defensor cun recorte marca da casa, e bate por baixo ó porteiro na sua saida.
  • 1-1 (min.15) Jonas perde un pase ó tentar sair de presión, e chutazo exterior de Miguel.
  • 2-1 (min.18) Luis salta a roubar en banda, pero Carlos logra irse e bate a Bizza no man a man.
  • 3-1 (min.28) contragolpe con pase cara o segundo pau, que Borja introduce en propia meta ó tentar cortar.
  • 3-2 (min.29) Presión na área pequena entre Eloy e Jony, e bola que remata nos pés do segundo que a funde na rede.
  • 3-3 (min.) Lito executa rápido un saque de banda, e Jonas, define cruzado dende a frontal.
  • 4-3 (min.) Saque de corner, que en segunda acción, poñen no segundo pau donde remacha Andrés libre de marca.
  • 5-3 (min.) Intento de pase que lle cortan a Lito, contra, bola ó interior da área que a piques está de despexar Luis, remate de Andrés, pau, pau e adentro.





No hay comentarios: