Vistas de página en total

viernes, 7 de abril de 2017

XORNADA 25

Finalísima este sábado no municipal de Pazos de Borbén, onde de gañar, quedaríamos a un só punto de poder revalidar o título ligueiro.
Non será doado, pois ademais de ter que lidiar coa presión, teremos enfronte a un rival que sabe ben ó que xoga, o 5 Coruña F.S..
Os coruñeses son un bloque sólido e consolidado, que prepara a conciencia os partidos, e no que destaca unha gran portería.
Oportunidade única de dar un golpe que podería resultar definitivo para o campeonato, pero que como sabemos por experiencia propia, ata o rabo todo é touro.
Para este choque volvemos a perder ó gran Marcos F., para o que, por motivos persoais, tal ve xa rematou a liga.
Algo mais que seria dúbida, é a participación do máximo realizador vermello, Luis, que sufriu unha contractura no transcurso desta semana.
O resto dos habituais, ademais do regreso do noso capitán, José, estarán todos dispoñibles para esta importante cita.

CONVOCATORIA:


  • Esteban
  • Bizza
  • Torres
  • Eloy
  • José
  • Jonas
  • Lito
  • Jony
  • Luis?
  • Breixo
  • Borja
BAIXAS:

  • Dani (decisión técnica)
  • Diego (motivos laborais)
  • Marcos F. (motivos persoais)



No hay comentarios: