Vistas de página en total

viernes, 14 de abril de 2017

S.D. PAZOS Fútbol sala 5 - 1 5 CORUÑA F.S.

Partido típico e sen moita historia o disputado o pasado sábado no municipal, entre un conxunto que se xogaba a liga, e outro, que posiblemente xa comezaba a ter a cabeza na próxima competición.
O choque non resultou moi atractivo, xa que a importancia do resultado para nós, non deu pe a ningún tipo de "alegría".
Nesto voltou a só poder contar con tres cambios de pista, ó non darse recuperado Luis a tempo, e á ausencia final de Torres, a postre, os tres resultarían decisivos.
Gran partido da "segunda liña", Borja, abriu o marcador nunha magnífica acción de pivot, e tamén el o pechou, José, deu a tranquilidade co terceiro, e Breixo, non marcou pero rendiu a gran nivel.
Nun primeiro tempo de igualdade e tanteo, aínda que con mais opcións para os nosos, tan só a mencionada xogada nos daría ventaxa.
No segundo, e a raiz do afortunado gol de Jony, e sobre todo do de José, o equipo asentouse, aínda que sen mellorar moito as suas prestacións, case agardando ó final mais ca outra cousa.
Como non, nos minutos finais, e xa cos visitantes co porteiro-xogador, démoslle á parroquia vermella a sua dose de inquedanza e tensión.
Gol, e pau do 5 Coruña en tres minutos soporíferos, diante dun Esteban en plan bombeiro, ó que lle aparecía lume por todos lados.
Finalmente, Eloy, tras roubo de Jonás, conseguiría fundila na rede, e que á afición recuperase de novo o alento.
Con esta victoria, e á falta dunha xornada, estamos a un punto de poder revalidar o campeonato.
Unha distancia que pode semellar curta, pero que hai que recorrela.
O MELLOR: A practicidade, os tres puntos eran o importante.
O PEOR: Os esperpénticos minutos do final.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Eloy(1) - Jonas - Lito e Jony(1); Bizza, José(1), Breixo e Borja(2).
5 CORUÑA F.S.: Oscar - Daniel(1) - David - Andrés e Juan C.; Alfonso, Diego, Jesús, Presno e Iván.

GOLES:

  • 1-0 (min.8) Borja recibe de costas, xírase, e marca de tiro cruzado.
  • 2-0 (min.21) Intento de despexe do porteiro ante a presión de Jony, e a bola golpea na perna deste índose adentro.
  • 3-0 (min.25) zurdazo exterior de José, que Breixo deixa pasar entre as pernas dificultando calquer posible intervención do porteiro.
  • 3-1 (min.35) Daniel aproveita o tercer rexeite de Eseban que xa non pode facer mais.
  • 4-1 (min.39) Roubo, contragolpe, e Jonas asiste a Eloy que anota de punteirazo ante o porteiro-xogador.
  • 5-1 (min.39) Borja á porta valeira no último segundo.


No hay comentarios: