Dous encontros nos que haberá que facer mais que o feito o sábado, porque con vinte bos minutos quedou patente que non chega.
Logo de deixar o choque visto para sentencia ó descanso cun rotundo 2-6, no segundo tempo, estivemos ó borde do abismo por facer as cousas francamente mal.
Os de Javi Santos melloraron moito neste periodo, cambiando o plantexamento, e maniatándonos por completo, pero e que nós, adicámonos a agardar o final e pouco mais.
Non sabemos xogar a iso, contemporizar ou resgardarse non vai coa mentalidade de este equipo, e en Bueu volveu a quedar patente.
O primer tempo si foi reseñable, cunha contundencia nas transicións que se votaba de menos. Defendemos aceptable, e chegamos á porta contraria con relativa facilidade ante un equipo que sabe xogar.
Os goles de segundo pau, e de boas combinacións, por iso é tan sangrante o de despois.
Comentar as duas accións dos goles porque foron en momentos clave, e a defensa ante o porteiro-xogador, do resto pouco mais.
O MELLOR: A solvencia en ataque.
O PEOR: A desconexión xeral do segundo tempo.
A.D.F.S. BUEU: Hugo - Adri(2) - Lucas(1)- Del Rosario e Toño; Pablo, Rafael, Martín, Rodri(1), Alejandro, Alexis(2) e Roma.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Eloy - Jonas - Lito(4) e Jony(1); Bizza, Marcos F., Luis(2) e Borja(1).
GOLES:
- 0-1 (min.2) Saque longo de Esteban cara Lito, este a Jonas, que lla cede ó segundo para que o once empurre.
- 0-2 (min.3) Cabalgada por banda de Jony, e asistencia perfecta ó segundo pau que aproveita Lito.
- 1-2 (min.3) Magnífica volea exterior de Adri en estratexia de corner.
- 1-3 (min.4) Un para un de Jonas en banda, pona no segundo, e Lito dalla de cara a Jony que marca.
- 1-4 (min.18) Jonas para Borja, que controla de costas, e marca sen apenas ángulo.
- 1-5 (min.18) Pase profundo co exterior de Lito cara Luis, que define ante a saida do porteiro cunha impecable vaselina.
- 2-5 (min.19) Perda na saida de balón, e Lucas bate a Esteban por entre as pernas.
- 2-6 (min.19) Roubo de Lito, que combina con Jony, e o dous devolvella diante do porteiro para que anote a pracer.
- 3-6 (min.22) Adri filtra un pase cara Alexis que bate por baixo a Esteban.
- 4-6 (min.24) Perdida de Jony de último, e 2x1 contra Esteban que aproveita Rodri.
- 4-7 (min.33) Paralela de Jonas con Jony, que se vai, e asiste ó segundo pau a Lito.
- 5-7 (min.33) Falta directa que materializa Adri.
- 6-7 (min.35) Erro en defensa nun saque banda, e gol no interior da área de Alexis.
- 5-7 (min.38) Roubo e posterior disparo de Jonas en defensa do porteiro-xogador, e Luis sae coma unha exhalación para fundila na rede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario