Vistas de página en total

jueves, 30 de marzo de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 3 T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.

In-extremis acadou os tres puntos a S.D. Pazos no "derbi" disputado este pasado sábado.
Un encontro que estivo marcado pola tensión, a nosa, pola necesidade imperiosa de gañar, e a deles, por tentar cortar canto antes a mala xeira de resultados na que se ven inmersos.
Tendo presente o precedente da primeira volta, e a sua "peculiar" forma de xogar, tíñamos claro o que non debíamos facer, pero vistos os primeiros cinco minutos pareceu mais ben todo o contrario.
Resumo sinxelo. Fomos a por eles, erramos as que creamos, e gol ó contragolpe. Empatamos, volvemos a non definir, gol ó contragolpe. Semellaba o día da marmota. Non podíamos deixar fuxir así a liga, e coa igualada o equipo comportouse dun xeito mais sensato.
Relaxámonos, e ainda que desperdiciamos bastantes, tivemos a paciencia suficiente para encontrar o gol que nos puña por diante sen pasar mais sobresaltos en defensa.
No descanso aclaramos ideas, e cambiámoslle o guión ós visitantes. Entregamos a bola, baixamos a defensa a media pista, e a ver que tal levaban eles o dos contragolpes.
Saiu bastante ben, pois apenas tivemos algún susto na nosa portería, mentras que eles tiveron a reo.
O malo foi todo o que enviamos ó limbo, increíble. Dous tiros ó poste, algún baixo paus...pero sobre todo tres 2x1 imperdoables.
Xa se sabe o que soe ocorrer nestes casos, e nesta ocasión non ía a ser diferente.
A dous minutos para o final, porteiro-xogador visitante, un tiro exterior aparentemente sinxelo para Esteban que finalmente non atalla, e rexeite á rede.
Inmediatamente idéntica estratexia nos vermellos e a matar ou morrer.
Elaboramos con sorprendente calma, e a falta de cincuenta segundos, un pase perfecto de Borja ó segundo pau, atopaba o pé de Jony, que redondeaba a sua notable actuación empurrando á rede.
Victoria pola mínima, pero que nos permite continuar á estela do líder.
O MELLOR: Cambiar a tempo o que se estaba facendo mal, e as gañas de todos por manterse con vida na competición.
O PEOR: Sen dúbida a toma de decisións cara á porta contraria, a ansiedade case nos xoga unha mala pasada. Mencionar tamén a falta de veterania, por momentos eles parecían os da experiencia e nós os xovenes, cando é todo o contrario.

S.D.PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Eloy(1) - Jony(2) - Luis e Breixo; Bizza, Torres, Jonas(1), Lito e Borja.
T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.: Josue - Bruno(1) - Parra - Pinilla(1) e Pablo M.; Rodrigo, Samuel A., Santiago, Pablo A., Oliver, Samuel F.(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.3) Saida ó contragolpe, e bola ó segundo pau que materializa Pinilla.
  • 1-1 (min.4) Gran definición de Jony ante o meta, de primeira ó pau longo.
  • 1-2 (min.4) Perfecta transición dos visitantes nun 3x2, que convirte Bruno.
  • 2-2 (min.16) Acción de Eloy, que recurta ó seu par, e marca de duro disparo cruzado.
  • 3-2 (min.19) Jonas combina con Jony que lla devolve, e o seis define co calcaño ante a saida do porteiro.
  • 3-3 (min.38) Tiro exterior que repele Esteban, queda morta, e Samuel F. anota.
  • 4-3 (min.39) Elaboración en xogo de cinco, bola a Borja que a pon de primeiras no segundo pau, e Jony metea para dentro.


No hay comentarios: