Vistas de página en total

sábado, 11 de marzo de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 11 - 4 C.P. CASÁS

Tres puntos mais para a S.D. Pazos nun encontro tal vez non tan dispar como reflexou o resultado final.
Os lucenses propuxeron un encontro á defensiva, pero non serían quen de conter as acometidas locais. Sen ter un desempeño excepcional, os de Nesto, foron capaces, con continuos ataques, de ir facendo mella na moral visitante ata decantar a balanza por completo.
Con este resultado, afrontamos a nosa xornada de descanso deste fin de semana coa garantía de manter o liderato pase o que pase. Tempo para cargar pilas e concenciarse do que nos ven por diante nas derradeiras cinco xornadas do campeonato, donde nos enfrontaremos ó terceiro, cuarto e quinto clasificados, e a dous complexos equipos da metade da táboa.
O título ligueiro vai a estar moi caro. Próxima parada, Ourense.
O MELLOR: A efectividade dos vermellos, tódolos xogadores excepto os porteiros anotaron algún gol neste partido.
O PEOR: Os erros non forzados en defensa.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Torres(1) - Jonas(1) - Jony(2) e Luis(2); Esteban, Jose(2), Lito(1), Breixo(1) e Borja(1).
C.P. CASÁS: Carlos - Fabián - Rafael(1) - Ignacio(1)e Julio Alberto(1); Alexandre, Jairo e Félix(1).

GOLES:
  • 1-0 (min.4) Luis recibe de Jonas na frontal, vaise do seu marcador, e anota de disparo raso.
  • 1-1 (min.7) Estratexia de banda ó segundo pau que convirte Félix.
  • 2-1 (min.11) Gran arrancada de José dende medio campo nun 3x2, que el mesmo finaliza ó borde da área de forte punteirazo.
  • 3-1 (min.13) Jonas ve o porteiro adiantado e bateo por alto dende propio campo. Golazo.
  • 4-1 (min.17) Borja anota por baixo logo de aproveitar un rexeite.
  • 4-2 (min.18) Saida de presión, e disparo dende a lateral que se "traga" Bizza.
  • 5-2 (min.23) Paralela entre Luis e Breixo, que marca cruzado ante a saida do porteiro.
  • 6-2 (min.25) Tiro ó pau do Casás, bola para Jonas que lla da en longo a Luis, e asistencia deste ó segundo que finaliza Jony.
  • 6-3 (min.26) Erro en defensa, e balón morto que transforma Ignacio.
  • 7-3 (min.31) José vaise de tres rivais e cede a Torres no segundo, que marca cunha picadiña.
  • 7-4 (min.32) Boa elavoración co porteiro-xogador do Casás, desaxuste defensivo local, e remate franco de Julio.
  • 8-4 (min.33) Luis vaise por banda e define cruzado suave ante a saida do porteiro.
  • 9-4 (min.37) Parede entre Lito e Borja, que materializa o primeiro a rentes do chan.
  • 10-4 (min.38) Rouba José e xoga con Jony, quen o asiste ante o meta para que empurre no segundo pau.
  • 11-4 (min.39) Novo roubo, e esta vez e Borja o que lla da a Jony para que empurre sen oposición.

No hay comentarios: