Vistas de página en total

viernes, 10 de febrero de 2017

VILALBA F.S 1 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Con paso firme continua a sua andadura na terceira división a S.D. Pazos Fútbol Sala.
Esta vez en Vilalba, e nun pavillón no que se viviu un gran ambiente, os de Nesto, realizaron un encontro moi serio.
A primeira parte resultou igualada, cos dous equipos repartindo golpes. A pesar dos bos minutos visitantes, sería o conxunto local o que se adiantaría no electrónico.
Antes do descanso, a perseverancia vermella daría os seus froitos, conseguindo darlle a volta ó marcador.
No segundo, o ritmo imposto polos nosos foi demasido para os locais, quenes pouco a pouco irían quedándose sen folgos.
Tres puntos mais que nos afianzan no liderato, e que teñen moito valor, porque nesta cancha son moi difíciles de acadar.
O MELLOR: A competencia xerada no plantel, no que a ausencia ou mal día dalgún, parece poder resolvelo calquer outro.
O PEOR: A cantidade de ocasións que se desperdiciaron, o acerto á pelota parada disimulou un día especialmente fallón.

VILALABA F.S.: Santiago - José López - Alvaro - Nuno e Rodrigo; J. Diego, Diego, Paulo, Roberto, Antón e Luis Vázquez(1).
S.D. PAZOS Futbol Sala: Esteban - Eloy(1) - Jonas(1) - Lito e Luis; Bizza, Marcos F., José(1), Jony(1) e Breixo.

GOLES:

  • 1-0 (min.9) Falta directa que repele Esteban e o rexeite aproveitao Luis Vázquez.
  • 1-1 (min.10) Lanzamento de falta directa raso que converte José polo pau longo.
  • 1-2 (min.13) GOLAZO de Eloy, que recibe de Lito na frontal, control orientado para desfacerse do defensa, e zapatazo coa esquerda que se clava na escadra.
  • 1-3 (min.24) Contragolpe, e Luis asiste a Jony que bate de primeiras.
  • 1-4 (min.30) Falta directa de Jonas que entra entre a barreira e o porteiro.
  • 1-5 (min.32) Dobre-penalti que converte Jonas.



No hay comentarios: