Vistas de página en total

viernes, 17 de febrero de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 4 A ESTRADA FUTSAL

Mais picante e emoción na terceira división tralo tropezo dos nosos este pasada xornada na casa ante a A Estrada Futsal.
Partido moi igualado como cabía agardar, e no que os visitantes ademais de rentabilizar mellor as ocasións, tamén foron capaces de acelerar e frear o choque como mellor lles conviu.
Poderíamos decir aquelo de un tempo para cada conxunto, sendo eles mellores no primeiro, e nos no segundo, pero a sensación en xeral é que os estradenses leeron mellor o que requería cada momento.
A primeira parte, estaría marcada pola expulsión de Jonas ben pasado o ecuador da mesma, e con taboas no marcador. Recibimos o 2-3 na conseguinte superioridade, e perdemos a un xogador clave na elaboración, mais este sábado, no que un mermadísimo Marcos F. apenas puido disputar dez minutos.
No segundo tempo o equipo saiu a pola igualada, pero un erro en defensa que custaría o 2-4, poría as cousas moi costa arriba.
Non sería por entrega ata o final, conseguindo recurtar distancias, e incluso merodear a igualada, pero tal vez faltaron argumentos. Sobre todo ante un rival deste calibre, tan consciente do que se xogaba, e que soubo enfriar o encontro nos momentos en que se viu desbordado.
O MELLOR: Sin facer un gran partido, competimos ata o derradeiro segundo ante un dos mellores equipos da liga.
O PEOR: A expulsión infantil de Jonas, algunha mala decisión nos últimos metros de Luis, Jony ou algun outro..., o insustancial xogo de cinco final, e igual ata perdemos a batalla nos banquiños.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Eloy - Lito(1) - Jony(1) e Luis(1); Bizza, Marcos F., Torres, José, Jonas, Breixo e Borja.
A ESTRADA FUTSAL: Cesar, Botel, Kinso, Martín Varela, e Moro; Hugo, Ulla, Rebo, Tojo, Edu, Julio(2) e Simón(2).

GOLES:

  • 1-0 (min.5) Balón longo sobre Lito, que recibe, finta ó porteiro, e bateo picándolla sutilmente por arriba, Golazo de moita clase do once.
  • 1-1 (min.7) Tiro exterior duro de Simón que entra tras pegar en Jonas.
  • 1-2 (min.9) Roubo nun intento de pase de José, que aproveita Julio para definir cruzado ante Esteban.
  • 2-2 (min.13) Esteban saca sobre Jony, sombreiro deste ó defensor, disparo que salva o porteiro en primeira instancia ,pero o propio dous colle o rexeite para marcar.
  • 2-3 (min.16) Superioridade 4x3 que empurra Simón entrando ó segundo pau.
  • 2-4 (min.24) Erro na saida de balón, e gran gol en paredes que finaliza Julio.
  • 3-4 (min.28) Intercepta Eloy na presión, saida do porteiro, e asistencia sobre Luis que mete de primeiras.

No hay comentarios: