Vistas de página en total

sábado, 24 de diciembre de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 2 SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Importante victoria na derredeira xornada da primeira volta para a S.D. Pazos Fútbol Sala. Os pupilos de Nesto, fixeron un gran partido ante un Superti algo mermado polas baixas, só puido dispor de sete xogadores.
Era clave este triunfo para seguir presioando ó lider, e cun xogo moito mais recoñecible que en pasadas ocasións, o choque tivo un claro dominador.
Os presentes disfrutaron de bos minutos de xogo vermello, con velocidade na circulación e interpretando acertadamente o que requería o encontro en cada momento.
Eles optaron por defender atrás e xogar balóns ó pivot, pero a nosa aceptable defensa e maior ritmo rematou por afogalos.
Todo por decidir nunha segunda volta que se presenta moi emocionante. A pesar da igualdade que rexistra a terceira, donde se pode perder contra calquera, tres equipos semella que destacan. Ourense, nós e A Estrada, tres puntos de diferencia entre primeiro e terceiro que, co queda por diante, non son nada.
Por detrás I.E.S. Coruxo e Bueu, quenes de seguro non arroxarán a toalla ata o final.
O equipo despídese da competición ata o dia 8 de xaneiro, onde visitará ó Carballiño F.S. para dilucidar quen avanza ós cuartos de final da competición de Copa.
A liga regresara a Pazos o dia 15 de xaneiro, coa disputa da primeira xornada da segunda volta.
O MELLOR: O mais que aceptable xogo desplegado, e o alto rendemento de tódolos nosos xogadores.
O PEOR: A falta de punteria nalgunha acción e varios minutos de desconexión.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban, Marcos F., Lito(1), Luis(2) e Borja; Bizza, Dani, Eloy, Jonas, Jony(2) e Breixo(2).
SUPERTI A PONTENOVA F.S.: Cesar, Diego, Manuel, Iago e Paulo(2); Diego Lamas e Miguel.

GOLES:

  • 1-0 (min.6) Circulación de balón que remata cunha medida asistencia de Lito ó segundo pau que empurra Jony.
  • 2-0 (min.10) Pase interior cara Breixo, que lla pon a Lito para que anote raso de semibolea.
  • 2-1 (min.13) Acción de pivot de Paulo, que se revolve e bate a Esteban.
  • 3-1 (min.19) Luis vaise do seu defensor e asiste a Breixo que marca en boca de gol.
  • 4-1 (min.22) Jony rouba na presión e define coa esquerda.
  • 5-1 (min.23) Perfecta estratexia de Corner que pon Marcos F., e Luis axustiza de primeiras.
  • 5-2 (min.27) Combinación de porteiro-xogador que aprobeita Paulo no segundo pau.
  • 6-2 (min.29) Luis rouballe a carteira a Cesar e convirte case sen angulo.
  • 7-2 (min.38) Lito vaise por banda, e ponlla franca no segundo a Breixo para que empurre a pracer.



No hay comentarios: