Vistas de página en total

domingo, 23 de octubre de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 3 BEMBRIVE F.S.

Paupérrimo partido o realizado polos nosos na tarde de onte.
Da queima apenas podemos salvar a dous ou tres xogadores, ós tres que non participaron, e ós delegados, o resto francamente mal.
A nivel individual nalgún caso o encontro é para esquecer, pero e que no colectivo, tampouco foi moito mellor.
Non demos demostrado nada ante un rival que si traia claros os seus conceptos.
Con balóns ó pivot e unha efectiva presión, a piques estiveron de sacar algo positivo do noso feudo.
Ó equipo que rebosa traballo e entrega, fáltalle o ritmo de antano, e necesita a pronta integración das novas pezas para dar mellor imaxe. Tal vez os bos resultados colleitados ata o de agora, e os puntuais momentos de lucidez, non nos están a deixar ver que queda moito por facer.
Traballo e autocrítica é o que toca para non torcer a liña marcada dende hai un ano.
O MELLOR: Sen dúbida o ambiente na grada, que cada vez rexistra mellor entrada.
O PEOR: A sensación de haber perdido un pouco o norte, esa solidez da que facíamos gala sobre todo na nosa casa.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Eloy - Lito(1) - Breixo e Diego(1); Bizza, Dani, Torres, Marcos F., Jonas, Jony(3) e Luis.
BEMBRIVE F.S.: Cuca - Ges(1) - Fabio - Nelson(2) e Borrajo; Javier, Sufian, Fernando, Alberto, Javier López, Pablo e Alberto.

GOLES:
  • 0-1 (min.8) Luis perde a bola de último home, e Nelson clávaa na escadra de Esteban.
  • 1-1 (min.14) Falta que executa Jonas, e o rexeite méteo Jony sobre a liña entre dous contrarios coa cadeira.
  • 2-1 (min.22) Rouba Marcos F., dribla a un rival en banda, e pase da morte que materializa Jony.
  • 3-1 (min.28) Diego sobre Jonas ó segundo, remate deste ó pau, e o rexeite aprobeitao Lito coa esquerda.
  • 3-2 (min.32) Saque longo de Cuca sobre o pivot, frouxa saida de Esteban, e Ges anota coa cabeza.
  • 3-3 (min.35) O Bembrive corta unha contra local, e Nelson marca de punteirazo cruzado.
  • 4-3 (min.36) Rexeite a un disparo de Jony que caza Diego e enchúfaa de primeira.
  • 5-3 (min.37) Diego asiste a Jony ante Cuca, e este só, entra con ela na meta rival.

No hay comentarios: