Vistas de página en total

viernes, 23 de septiembre de 2016

XXVI COPA XUNTA DE GALICIA

Este pasado martes, os nosos disputaron o seu primer encontro da 1º fase da Copa Xunta de Galicia ante o Leis Pontevedra F.S..
No pavillón pontevedrés de Monte Carrasco, vivíuse un partido competido e emocionante, que rematou co resultado de empate a dous goles.
Pronto se adiantarían os locais cun bo gol de Barcala en acción persoal, o que facía presaxiar unha tarde complicada para os nosos.
Non sería así, xa que logo de sacudirse a presión inicial, os de Nesto, serían quen de voltear o resultado.
Primeiro cun gran punteirazo de Eloy, tras estratexia de corner, e uns minutos despois, con outra uña de Luis, esta vez tras irse por banda aprobeitando un pase en longo de Borja.
Con este resultado chegaríase ós compases finais, donde os locais conseguirían a igualada por medio de Berto.
Con ocasións claras para ámbolos conxuntos, solventadas con acerto, tanto por Fiou, como por Esteban, concluía o encontro.
Agora todo está por decidir no grupo D, dependendo os nosos de si mesmos para acceder a seguinte fase.
O Leis, goleu ó Campito F.S. por sete a un no encontro disputado en Chapela, o que obriga ós vermellos, a polo menos gañar por seis de diferencia ante os chapeleiros.
Sen dúbida non parece doado, pero en "Anfield" todo é posible.


No hay comentarios: