Páginas vistas en total

miércoles, 17 de enero de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 4 5 CORUÑA F.S.

A S.D. Pazos continua a sua escalada hacia os postos altos da taboa clasificatoria logo da victoria deste sábado pasado diante do 5 Coruña F.S..
Un triunfo, que como os dous anteriores, se cimentou nas palabras traballo, compromiso e convicción.
Os de Fran, sabedores de que non se podían escapar estes puntos, sairon dende o comezo a polo partido.
Embotellamos ó rival na sua área, pero un Oscar infranqueable, que demostrou por que está considerado un dos mellores arqueiros da categoría, evitou que lográsemos poñernos por diante.
Tivémolas de tódalas cores, e non concedemos nada, ou case nada, por que de tres e media que nos crearon, meteriannos dous goles.
Jony, antes do descanso, conseguiría por fin, derrubar o muro coruñés, reducindo distancias no marcador, e dando moral de cara ó segundo acto.
Neste periodo a "lóxica" imporíase, e o maior caudal ofensivo, remataría por dar o seu rédito.
Multitude de ocasións, e os goles que irían caendo pouco a pouco.
Unha pena os minutos finais, nos que co partido resolto, volvemos  a regalar dous goles dos "nosos" que tristemente xa comezan a ser tónica habitual.
Os partidos duran corenta minutos, non deberíamos esquecelo.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo(1) - Jonas(2) - Alexis(1) e Luis(2); Kuka, Eloy, Jose, Jony(1),Vidal, Breixo e Quique.
5 CORUÑA F.S.: Oscar - Daniel S.(2) - Adrián - Diego e Daniel C.; Alfonso, Daniel D., Rodrigo, Guillermo e David(2).

GOLES:

  • 0-1 (min.8) Falta directa dende a lateral que transforma David cun potente punteirazo.
  • 0-2 (min.11) Mal pase que rouba Daniel S. en media mista, e chut por alto que sorprende a un adiantado Bizza.
  • 1-2 (min.13) Gran pase filtrado de Pablo ó desmarque de Jony, que bate no man a man a Oscar por entre as pernas.
  • 2-2 (min.24) Contragolpe, Jony cara Luis, que asiste ó segundo pau donde Pablo define tras controlar.
  • 3-2 (min.30) Pase cara Breixo, que a pon no segundo pau, non atalla o porteiro, e Jonas, libre de marca, empurra á rede.
  • 4-2 (min.33.) Galopada de Jony por banda, pase ó segundo pau, e Luis que remacha vindo dende atrás.
  • 5-2 (min.34) Jonas convirte impecable dende o dobre-penalti.
  • 6-2 (min.35) Estratexia de corner, disparo de Pablo, e Luis marca de primeiras no interior da área.
  • 6-3 (min.37) Alexis perde ó tentar irse por banda, bola ós pes de Daniel S., que a pon na escadra.
  • 6-4 (min.38) Mal saque de porta de Bizza que lla da a David, que marca cun tiro raso.
  • 7-4 (min.39) Corner ó interior da area de Jonas que aprobeita Alexis.




sábado, 13 de enero de 2018

PARTIDO SUSPENDIDO (XORNADA13)

Este sábado no que ainda non hai liga, os nosos,  poranse a pre coa competición desputando o encontro aprazado no seu día contra o 5 Coruña F.S..
En pouco ou nada cambiou a situación actualmente á de cando se debeu xogar o partido, pois a obriga de gañar continua intacta.
Tralo parón de Nadal, veremos con que folgos regresan os vermellos, quenes pecharon o ano cun gran sabor de boca coa victoria conseguida en Outeiro de Rei.
Fran recupera a Eloy logo de varios partidos lonxe das pistas, ainda co seu estado continua a ser unha incógnita, mentras que Luis e Jony, siguen as voltas cos seus xa "habituais" problemas fisicos.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - 5 CORUÑA F.S.
DATA: 09-12-17 HORA: 18:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Pablo
  • Eloy 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony 
  • Vidal
  • Breixo
  • Luis
  • Quique 
BAIXAS:
  • Marcos F. (motivos laborais)
  • Borja (lesión)
  • Diego (motivos laborais)


sábado, 23 de diciembre de 2017

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

A S.D. PAZOS Fútbol Sala deséxavos 
unhas FELICES FESTAS
e PRÓSPERO ANO 2018¡¡¡

miércoles, 20 de diciembre de 2017

SANTA ISABEL F.S. 4 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Valiosísima victoria da S.D. Pazos nunha cancha, que como se preveía, non será sinxela para ninguén.
Non son casualidade os bos resultados do conxunto local, porque nun partido no que sempre foi a remolque, en ningún momento se deu por vencido.
Foi un choque aberto, con ocasións a esgalla para ambos, e no que só a falta de precisión nos últimos metros, xunto coa actuación dos metas, nos privou dun resultado maior.
O abundante público, tamén puido disfrutar de auténticos golazos. Dos cinco nosos, dous de Luis dos del, de "killer", un de Pablo moi bo en acción persoal, un de Jonas ainda mellor, e o de Alexis, sinxelamente ESTRATOSFÉRICO, xa o merecía o dorsal once.
Dos catro locais, descartando a xogada desafortunada entre Jose e Kuka, os outros tres, a cada cal mellor.
Os vermellos mantiveron a liña trazada en Santiago, concentración, esforzo colectivo, e ambición.
Aproveitamos mellor as que tivemos, que no primeiro tempo foron moitas, pero tamén como en Santiago, non fomos quen de dar a puntilla.
Con Kuka mantendo a ventaxa para facelo, non fomos capaces, e regalamos dous balóns, para que o rival se fora ó descanso cun empate co que xa non contaba.
No segundo periodo, a clave estaría outra vez na efectividade, ainda mais se cabe, por que opcións habería a moreas.
Adiantámonos de novo coa "burrada" de Alexis, pero servimos outra vez a igualada en bandexa. ¿Como dous, dos tres goles recibidos, poden chegar de corners ó noso favor?, aspecto este, claramente a mellorar.
No toma e daca posterior, seríamos mais contundentes, e á vez, teríamos a sorte necesaria. De non ser polo autogol de Jose e Kuka, incluso puidemos acabar sen tanto sufrimento, pero iso, non vai con nós.
Chega o parón navideño ata o 20 de xaneiro, tempo no que agardamos recuperar efectivos, tanto lesionados como tocados, e no que traballaremos para poder dar guerra na segunda parte do campeonato.

SANTA ISABEL F.S.: Adrián L. - Alejandro(1) - Diego(1) - David e Javi Río(1); Adrián C., Fabián, Mouriz, Francisco, Rubén e Jairo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jose(1p.p.) - Pablo(1) - Jony e Luis(2); Bizza, Jonas(1), Alexis(1), Vidal e Breixo.

GOLES:

  • 0-1 (min.3) Pablo vaisqe do seu par en velocidade pola banda, e saca un latigazo que se cola entre as pernas do porteiro. 
  • 0-2 (min.5) Estratexia de corner, potente chut exterior de Alexis, e rexeite do porteiro que caza Luis. 
  • 1-2 (min.15) Perda dun balón arriscado en medio campo, que aproveita Javi Río para irse, e definir á perfección no man a man con Kuka.
  • 2-2 (min.19) Mala execución dunha estratexia de corner, contragolpe, e finalización de Diego picando a bola ante a saida de Kuka. Golazo.
  • 2-3 (min.22) Estratexia de corner, e voleón exterior espectacular de Alexis. GOLAZO¡¡¡.
  • 3-3 (min.25) Nova perda nun saque de corner favorable, contra, e Alejandro que a pon en toda a escadra.
  • 3-4 (min.31) Jonas rompe cun amago ó seu defensor, e saca unha uña imparable.
  • 3-5 (min.33) Luis intercepta un pase en area rival, marcando por alto coa punteira.
  • 4-5 (min.39) Jose cede cara atrás a Kuka, que erra no control, e ve como a bola entra paseniño na sua portería.

viernes, 15 de diciembre de 2017

XORNADA 14

A S.D. Pazos pecha o ano 2017 visitando Outeiro de Rei, Lugo, onde se enfrontará ó Santa Isabel F.S..
O conxunto local, esta a realizar un notable debut na categoría como demostran os seus resultados, sendo por exemplo, o único equipo que ata o de agora, foi capaz de derrotar ó intratable líder da competición.
Con xogadares que saben o que é competir en categorías superiores, de seguro serán un rival a ter moi en conta para calquera.
Fran, continuará unha semana mais sen poder recuperar efectivos, xa que Eloy e Borja, seguirán no dique seco ata mais alo do parón navideño, mentras Marcos F., é seria dúbida.
Vidal e Luis si viaxarán, a pesar de que o seu estado físico non sexa o mellor.

SANTA ISABEL F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 16-12-17 HORA: 17:30 LUGAR: Pavillón municipal de Outeiro de Rey.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Marcos F. ?
  • Pablo 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony 
  • Vidal 
  • Breixo
  • Luis 
BAIXAS:

  • Eloy (lesión)
  • Borja (lesión)
  • Diego (motivos laborais)

lunes, 11 de diciembre de 2017

PARTIDO SUSPENDIDO

O encontro que debían disputar na tarde do pasado sábado a S.D. Pazos Fútbol Sala e o 5 Coruña F.S., foi suspendido por mor do impracticable estado que presentaba o terreo de xogo. Informaremos da nova data de celebración.

viernes, 8 de diciembre de 2017

XORNADA 13

Este sábado, recibimos en Pazos a un dos conxuntos que transita pola parte media-baixa da taboa clasificatoria, pero con fútbol sala de sobra para abandoala en calquer momento, o 5 Coruña F.S..
Os nosos, en situación similar á da semana anterior, pero con Bizza e Luis entre algodóns, teñen como claro obxetivo os tres puntos, e de paso, tentar lavar a imaxe do último encontro disputado na casa.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - 5 CORUÑA F.S.
DATA: 09-12-17 HORA: 19:30 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza?
  • Pablo 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony 
  • Vidal
  • Aarón
  • Guille
  • Breixo
  • Luis ?
BAIXAS:

  • Eloy (lesión)
  • Marcos F. (motivos laborais)
  • Borja (lesión)
  • Diego (motivos laborais)